Figuerola d'Orcau
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Lleida | |||
Comarca | Pallars Jussà | |||
Concello | Isona i Conca Dellà | |||
Poboación | ||||
Poboación | 182 (2023) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Altitude | 553 m | |||
Código INE | 25115000600 | |||
Código territorial IDESCAT | 2511550006900 | |||
Figuerola d'Orcau[1] é unha vila catalá da provincia de Lleida, que foi concello de seu ata 1970, momento no que se fusionou con Isona, ao tempo que o fixeron Benavent de Tremp, Conques, Orcau e Sant Romà d'Abella, formando o termo municipal de Isona i Conca Dellà, dentro da comarca do Pallars Jussà.
Está situada a 6 km no oeste-noroeste da cabeza do municipio, ao leste da Segla de les Bassades, afluente pola dereita do río de Conques, afluente do río d'Abella, que ao pasar por Gavet de la Conca se transforma no río Gavet e que verque na Noguera Pallaresa, e pouco despois xa na Conca de Tremp. O río de Conques e o río d'Abella son os que vertebran a Conca Dellà.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo Coromines,[2] a primeira parte do topónimo é unha palabra romance derivada da parabla figa. Unha figuerola é unha figueira pequena ou nova. A segunda parte provén do feito de que o lugar pertencía á baronía d'Orcau. O nome do pobo está documentado desde 1071.
A vila
[editar | editar a fonte]A vila de Figuerola d'Orcau está no alto dun cerro, a 552 m. alt., e forma un núcleo pechado polas propias clases, entras as que se obren cinco portais que daban - e aínda hoxe o fan- acceso ao interior do recinto. Tres deles, segundo a tradición, son os orixinais: o do Marquesó, o da Fonte e o de Marisans. Aínda pervive na memoria dos máis vellos da vila os tempos en que os portais se pechaban de noite para que non puidese entrar ninguén. Tanto o peche da vila, como os portais e os trazasos das rúas lévannos sen dúbida a unha vila medieval.
No centro hai unha praza porticada e sobre os seus soportais está o edificio que en tempos albergou a Casa da vila e a escola pública, hoxe transformada en vivendas. Desta praza saens cinco rúas que percorren a vila, pasando por máis dunha ducía de arcos, a mioría claramente medievais.
A parte máis alta do clos da vila, que foi moi alterado polas reformas das casas que o forman, semella presentar un segundo recinto interior: este sería, propiamente, o castelo de Figuerola d'Orcau. Deste non quedan vestixios moi definidos, pero o trazado das rúas e a parte baixa dos muros que se inclúen permite adeviñalo.
Actividade económica
[editar | editar a fonte]Figuerola d'Orcau non se diferencia moito do resto das poboacións do termo ao que pertence, De base agraria e gandeira, os cultivos tradicionais son as gramíneas, o aceite, verduras para consumo propio, pastos e, antigamente, un viño de moi boa calidade.
Segundo Pascual Madoz, a mediados do século XIX Figuerola d'Orcau producía trigo, cebada, centeo, fabas, millo, cáñamo, xudías, fruita,viño e seda. Tamén contaba con gando, sobre todo vacún e mular. A caza era abundante (perdices, lebres, coellos e codornices ).
Houbo un muíño -o Muíño do Canal-, unha fábrica artesanal de augardente, un hostal, unha tenda, un forno e unha taberna.
No século XXI o panorama musou substancialmente: seguena aser importantes as explotacións agrarías, sobre todo de amédndoas, cebada e trigo e o sector gandeiro especializouse case exclusivamente na explotación porcina. Do resto de produtos enumerados por Madoz non queda nada ou case nada.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Celébranse dúas festas maiores ao longo do ano: a festa grande ou de verán, polo 15 de agosto, e a de inverno, o 17 de xaneiro, con motivo do Santo Antonio.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Está comunicado polas estradas comarcais C-1412b e C-1412bz con Isona e Tremp e pola estrada local LV-5112 con Orcau.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ADELL I GISBERT, Joan-Albert i CASES I LOSCOS, Maria-Lluïsa. "Santa Maria de Figuerola d'Orcau", a El Pallars. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, 1993 (Catalunya romànica, XV). ISBN 84-85194-56-X
- BELLMUNT I FIGUERAS, Joan. "Figuerola d'Orcau", en Pallars Jussà, II. Lleida: Pagès editors, 1997 (Fets, costums i llegendes, 32). ISBN 84-7935-406-2
- BENITO I MONCLÚS, Pere. "Castell de Figuerola", en El Pallars. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, 1993 (Catalunya romànica, XV). ISBN 84-85194-56-X
- COROMINES, Joan. "Figuerola". Dins Onomasticon Cataloniae: Els noms de lloc i noms de persona de totes les terres de llengua catalana. IV D-J. Barcelona: Curial Edicions Catalanes i Caixa d'Estalvis i de Pensions de Barcelona, "La Caixa", 1995. ISBN 84-7256-825-3
- GAVÍN, Josep Maria. Pallars Jussà. Barcelona: Arxiu Gavín, 1981 (Inventari d'esglésies, 8). ISBN 84-85180-25-9
- Iglésies, Josep (1981). El Fogatge de 1553. Estudi i transcripció. II (en catalán). Barcelona: Fundació Salvador Vives Casajoana. ISBN 84-232-0189-9.
- LLUÍS, Joan. El meu Pallars. Vol. I. Barcelona: Editorial Barcino, 1959 (Col·lecció Tramuntana). ISBN 978-84-7226-121-1
- MADOZ, Pascual. Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Madrid: Establecimiento Literario-Tipográfico, 1845. Edición facsímile Articles sobre El Principat de Catalunya, Andorra i zona de parla catalana del Regne d'Aragó al <<Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar>> de Pascual Madoz. V. 1. Barcelona: Curial, 1985. ISBN 84-7256-256-5
- MÓRA I PRESAS, Francesc. Rutes i castells del Pallars. Tremp: Garsineu Edicions, 1996 (Biblioteca Pirinenca, 22). ISBN 84-88294-57-3
- PAGÈS, M., "Figuerola d'Orcau", a El Pallars, la Ribargorça i la Llitera. Barcelona: Fundació Enciclopèdia Catalana, 1984 (Gran Geografia Comarcal de Catalunya, 12). ISBN 84-85194-47-0
- ROCAFORT, Ceferí, "Provincia de Lleyda", en Geografia general de Catalunya dirixida por Francesch Carreras y Candi. Barcelona: Establiment Editorial d'Albert Martín, despois de 1900.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Figuerola d'Orcau |